martes, 20 de decembro de 2016

ÚLTIMA CARTA AOS REIS MAGOS

Hoxe celebramos a chegada do nadal na biblioteca do CPI de Atios coa lectura dun libro de Fina Casalderrey, unha lectura centrada no Día de Reis e os agasallos de nadal; vos deixamos cun par de fotografías da lectura.




E coas fotos da visita do Apalpador que hoxe se achegou ata o CPI de Atios para estar cos nosos nenos e nenas.





TEMPO DEACIVROS, TEMPO DE LIBROS

A frase do título non é nosa, é doutros compañeiros de bibliotecas escolares pero nos gustou tanto que afixemos nosa e con ela damos paso a unha pequena selección de libros que esperamos vos gusten e vos acompañen nestes días de nadal.



LA NAVIDAD DE NICOLAS, editorial Tramuntana

Nicolás espera expectante a chegada de Papá Noel, ten por diante unha noite de moitos nervios e ilusión.








A ÁRBORE DA ESCOLA, editorial Kalandra

No patio da escola está amedrar unha nova árbore gracias ao agarimo dun neno e dos seus amigos.







              

                NO LLEVES HADAS AL COLE, editorial SM
        
               A princesa Cucamona leva a súa fada madriña á escola e acaba
               ocasionando un tremendo lío que vai dar lugar a situacións moi divertidas.
               








MARCOPOLA, OS PIRATAS DA LÚA, edicións Xerais

Neste libro ides coñecer aos piratas da Lúa, unha banda de mariños moi amigos da festa rachada, e poderedes loitar con eles para  loitar contra o almirante Cobreguiña.








CARAMELOS DE MENTA, editorial SM

Pepito, o protagonista do libro, atopa un can e decide quedar con el. Pepiño, o can e os seus amigis van  correr unha morea de aventuras xuntos.






 
 A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS, edicións Xerais

Serafina só ten unha aspiración na súa vida, a de ser equilibrista nun circo coa súa bicicleta, Celerífera, e poñerá todos o seu empeño en conseguilo.









EL DESPERTAR DE CERVANTES, editorial Anaya

Durante a búsqueda dos restos de Miguel de Cervantes na cripta das Trinitarias ocorre algo extraordinario, Cervantes esperta convertido en pantasma.






CAMIÑOS NA AUGA, editorial Galaxia

Szymo busca a liberdade na África post-colonial a través dunha viaxe.





BO NADAL A TODOS!!!!!