mércores, 26 de outubro de 2016

SEMANA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Despois do verán a biblioteca do CPI de Atios está de novo en marcha, xa funcionan os préstamos, xa temos os axudantes e axudantas repartindo os libros prestados polas aulas e Pelusa xa anda a facer das súas agochada entre os libros das nosas estanterías. Esta semana Pelusa está especialmente contenta, son moitos os nenos e nenas que están a facer préstamos e non hai mellor maneira de celebrar o Día das Bibliotecas. FELICIDADES A TODOS POR SEGUIR A DESFRUTAR CON NÓS DA FESTA DOS LIBROS!!!!