venres, 5 de febreiro de 2016

LECTURAS PARA A PAZ

Se queredes aproveitar estes marabillosos días de inverno, fríos e soleados, para adicar á lectura, vos deixamos aquí as nosas recomendacións coas que ademaís poderedes enchervosun pouquiño máis de PAZ:




"Unha manchea de bicos"
Antonia Ródenas
Edicións Xerais
Unha boa recomomendación para os máis pequenos da casa: Kati ten unha caixiña chea de bicos doces e un gran sorriso. Cando vai para o colexio, sempre leva algún na súa bolsa do almorzo. Kati adoita regalar os seus bicos ós seus amigos.




" A nai da nai da miña mamá"
Alejandra Schmidt
Hércules edicións
Este libro móstranos o proceso de fin da vida eo comezo doutra. Fala da forma natural de deixar a vida seguir o seu curso, liberando os anexos e as memorias de memoria.  Recomendado para os neos de 1º e 2º.


"Ernesto bo día"
José Campanario
Editorial OQO

 Unha divertida historia na que o protagonista, seguindo a máxima do avó —ao mal tempo boa cara—, non perde o ánimo nin nos momentos máis críticos. Llo recomendamos aos nenos do primeiro e do segundo ciclo.




"Malena Ballena"
Davide Cali e Sonia Bougaeva
Libros del zorro rojo

Na piscina, as nenas rinse de Malena. Malena pesaba moito, demasiado. Un día, o monitor de natación lle ensinou un truco e a súa vida comezou a cambiar... Un personaxe entrañable que vive a realidade de moitos nenos e nenas; un tema delicado tratado con sentido do humor, dende o respeto e o fomento da autoestima.Os nenos do primeiro e segundo ciclo disfrutarán especialmente desta historia.




" E que podo facer eu?"
José Campanario e Jesús Cisneros
Editorial OQO

Este álbum lémbranos que hai que ver máis alá de nós mesmos, e esforzarse un pouco máis en axudar a quen o necesita. Son moitas as cousas que, case sen nos decatar, podemos facer. Unha historia axeitada para os rapaces e rapazas de terceiro ciclo.




"El gran libro de las emociones"
Editorial Parramón

O libro ofrece vinte contos cos que descubrir algún pequeno segredo para axudar a convivir con quenes nos rodean. Recomendable para todas as edades.



 "Emocionario"
Palabras aladas

 
Describe, con sinxeleza cuarenta e dous estados emocionais para aprender a identificalos e así, poder dicir realmente o que sentimos.
 


mércores, 3 de febreiro de 2016

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o Día da Paz na biblioteca do CPI de Atios e o fixemos como a nós nos gusta con lecturas, as marabillosas lecturas que representaron para todos os usuarios da biblioteca un grupo de alumnos e alumnas da clase de 5º A de Primaria dirixidas  pola profe Loli, 


 Primeiro leron para todos nós " Na busca da paz"


E despois leron " O arco da vella"

Moitas gracias polo voso esforzo e por lembrarnos a todos que a paz se constrúe día a día con pequenos esforzos de cada un de nós.