luns, 27 de novembro de 2017

BIBLIATIOS CONTRA A VIOLENCIA


Hoxe conmemoramos o Día contra a Violencia de Xénero no CPI de Atios e a biblioteca acolleu o contacontos que prepararon os nenos e nenas de 1ºA que leron IRIÑA BAILARINA para os seus compañeiros, un conto precioso que nos lembra a todos que as rapazas, igual que os rapaces,  teñen dereito a decidir o que queren comer, o que queren vestir e a que queren adicar o seu tempo de lecer.

Vos deixamos aquí unhas fotos do contacontos de hoxe e algunhas suxerencias de lectura desas que a nós tanto nos gustan porque nos invitan a reflexionar e plantear interrogantes nesta SEMANA CONTRA O MALTRATO:








UN ANO MÁIS, TODOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!!!!


luns, 13 de novembro de 2017

SAMAÍN NA BIBLIOTECA DE ATIOS


As actividades do samaín encheron todos os recunchos da escola estes días e por suposto tamén a biblioteca, en forma de libros cheos de pantasmas, bruxas, cabazas, vampiros e todo tipo de seres arrepiantes, e tamén en forma de contacontos. Durante varios días os rapaces e rapazas de sexto léronlles contos de medo aos demáis rapaces e rapazas de primaria.

Aquí vos deixo algunhas fotos destes días .....




E tamén vos deixo algúns consellos de lectura para estes días:






venres, 19 de maio de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

Onte celebramos no CPI de Atios o Día das Letras Galegas, bueno en realidade levamos varias semanas a celebralas posto que nas aulas se suceden diversas actividades para coñecer ao autor homenaxeado este ano, o ourensán Carlos Casares, se sucederon as diversas lecturas sobre a súa obra, os traballos de ilustración sobre fragmentos da súa obra, os relatos confeccionados a partires dos personaxes dos seus libros, e tamén os ensaios de   obras de teatro en galego - unhas sobre obras do oautor e outras doutros autores pero sempre en galego.

Coas ilustración e os relatos escritos os alumnos do centro participaron nun relato de debuxo e relato curto convocado polo Concello de Valdoviño en relación co autor Carlos Casares.

Coas obras de teatro onte e máis hoxe estamos a asistir a un ciclo de teatro protagonizado polos propios alumnos do centro; algunhas desas obras participarán no certame TEATRO CON G que se celebra todos os anos no concello de Ferrol e o vindeiro venres tamén será unha obriña de Carlos Casres a que leven os rpaces de 4º A ás LECTURAS COMPARTIDAS cos maiores da parroquia de Vilarrube.

Algunha das obras de Carlos Casares foron utilizadas nos apadriñamentos lectores como ocorreu o pasado martes que os alumnos de 4º lles leron "Lolo anda en bicicleta" aos rapaciños de 2º.





Non hai mellor excusa que o DÍA DAS LETRAS GALEGAS para aproveitar a coñecer un novo autor da nosa literatura galega, e sen dúbida Carlos Casres é un deses autores que merece ser coñecido e lido por todos. 






venres, 12 de maio de 2017

PRIMAVERA DE FLORES E LECTURAS


A pasada semana  o CPI de Atios deulle a benvida á primavera coa celebración da festa dos Maios, xa habitual no noso centro educativo. É unha festa que a todos nos gusta. o arrecendo das flores exténdese por toda a escola, confeccionar os maios e a alfombra de flores é un dos momentos máis divertidos no ano, e os cantos das cancións dos maios arredor da alfombra é un momento realmente emocionante.


A biblioteca celebrou a chegada da primavera con lecturas; nesta ocasión foron os rapaces de 4º B os encargados das nosas LECTURAS COMPARTIDAS, os que se desplazaron á parroquia de Lago para lerlles aos veciños a obra "Os doutores da inseguridade social". Con eles falaron despois das lendas da zona, incluídas algunhas lendas de Valdoviño. Estas son algunhas fotos do día.





FELIZ PRIMAVERA PARA TODOS E BOAS LECTURAS!

venres, 28 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO 2.017

Hoxe celebramos no CPI de Atios o Día do Libro, este ano adicado ao escritor Lolo París, co que tivemos a sorte de compartir un pequeno acto na Casa da Cultura. Alí, os rapaces e rapazas de Secundaria poideron coñecer un pouco da súa vida e a súa obra e conversar con el; da súa man poidemos saber que o seu interese pola lectura e a escritura  venlle dende neno, que empezou a escribir por amor, que Pantín é o lugar no que reside dende hai máis de coarenta anos e que nel se refuxia ao lado da súa querida praia,  que Lolo París non vende os seus libros- os autoedita e os agasalla aos seus amigos, e que cada día adica hora e media do seu tempo a escribir, e deixar por escrito os seus pensamentos e sentimentos.

Vos deixamos na web do cole unha presentación elaborada por varios alumnos do centro e aquí debaixo algunhas das fotos do encontro de hoxe con Lolo París.








luns, 27 de marzo de 2017

DÍA DO TEATRO


Hoxe 27 de marzo celébrase en todo o mundo o Día do Teatro e que mellor maneira de celebralo que facendo teatro? Pois eso fixemos hoxe! Teatro!


Os rapaces e rapazas de terceiro A fixeron as delicias dos seus compañeiros cunha representación preciosa da obra " O paxariño ferido".

venres, 24 de marzo de 2017

21 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA POESÍA

O pasado martes 21 de marzo celebrouse o Día Mundial da Poesía e co gallo desta celebración aproveitamos para encher a biblioteca do CPI de Atios e máis os corredores de poemas marabillosos que acompañan a chegada da primavera a Valdoviño. Coma todos os anos, o centro está a participar no concurso de Poesía e Imaxe que nos propoñen dende o Equipo de Normalización, e os cortizos dos corredores amosan as ilustracións de diversos poemas seleccionados para a ocasión.



Aproveitade estes días de frío que nos van ter uns días pechados na casa, e tamén os fantásticos días de sol que nos esperan nesta recén estreada primavera para ler  poesía, aquí van algunhas suxerencias ....





DESFRUTADE LAS LECTURAS!!!!